Campus do Medo. Proyecto estudiantil no-mixto contra la falta de seguridad en los campus universitarios de Compostela
Las integrantes del colectivo nos explican el objetivo y funcionamiento:
«A campaña comezou en febreiro de 2018, nunha asemblea aberta a todas as rapazas preocupadas pola falta de seguridade nos campus universitarios de Compostela. Xurdiu como resposta a un problema xeneralizado que leva afectando ás rapazas que viven ou estudan en Santiago dende fai demasiados anos. O nome foi inspirado polo proxecto do mapa do medo iniciado fai xa uns anos por Jessyca Ocampo.
Tanto o campus norte como o campus sur de Santiago contan con zonas nada ou pouco iluminadas que as estudantes temos que atravesar ao saír tarde de clase ou ao volver a casa pola noite. Neses tramos escuros non é raro que aparezan homes que seguen, incomodan e incluso se masturban diante das rapazas que van soas. O medio a seren agredidas e a sensación de desprotección é común a todas as estudantes que teñen que pasar polos campus pola noite, e especialmente ás que viven nas residencias universitarias.
Actualmente vemos de crear dous grupos de whatsapp, un para o campus norte e outro para o sur, para intentar que as rapazas que non teñen con quen volver a casa pola noite poidan poñerse en contacto con outras rapazas na mesma situación e acompañarse.
As nosas reclamas tanto á USC como ao Concello de Santiago son:
-A iluminación destes tramos escuros dos campus
-A ampliación das rondas de vixilancia
– Unha formación para o persoal de seguridade que os prepare para atender ás vítimas de agresións sexuais
– Un bus nocturno que percorra a zona máis céntrica de Santiago
– A existencia nesta liña nocturna do sistema de “paradas antiacoso” para que calquera rapaza que se sinta incomodada por outro pasaxeiro do autobús poida avisar ao condutor para que a deixe baixar sen que ninguén a siga»
Podéis seguir su actividad en las redes sociales:
https://www.facebook.com/campusdomedo/